O luns 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado a XELA ARIAS.
Xela foi escritora, poeta ,tradutora, editora e profesora. Adicou a súa vida á lingua, como podedes comprobar nas biografías que vos deixamos nos seguintes enlaces.
Estes días chegaron á biblioteca novidades relacionadas con Xela Arias e con outros autores que foron homenaxeados en anteriores conmemoración dal Letras Galegas. Estarán á vosa disposición na estantería de novidades que temos fora da biblioteca.
Moitas grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole polas novas adquisicións para a biblio!