10 de abr. de 2024

La mala costumbre de Alana S. Portero, protagonista do club de lectura de profesorado

Terceira lectura para o club de lectura de profesorado da Bibliogalán, a EEI de Barrionovo e a EEI de Vilarrodis - Oseiro. La mala costumbre de Alana S. Portero é unha historia sobre a diversidade afectivo - sexual pero sobre todo, un canto á liberdade. En maio vémonos na última sesión que seguro dará para moito que falar.

5 de abr. de 2024

Visitamos a biblioteca de Arteixo

Comezamos unha serie de visitas da Bibliogalán á Biblioteca Central Henrique Rabuñal de Arteixo para levar a cabo unha serie de actividades relacionadas coa animación e fomento da lectura e a formación de persoas usuarias.



20 de mar. de 2024

Falamos e reflexionamos sobre os nosos hábitos


O alumnado de segundo de Educación Primaria asistiu a un faladoiro na bibliogalán sobre hábitos saudables. No que falamos e reflexionamos sobre os nosos hábitos de vida, se son saudables ou non e como inflúen no noso día a día e especialmente no noso rendemento na escola.

18 de mar. de 2024

Nova sesión do club de lectura para profesorado

O pasado luns 4 de marzo levamos a cabo unha nova sesión do club de lectura para profesorado, na que coma sempre, contamos coa visita coas nosas compañeiras dos nosos centros adscritos (EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís - Oseiro)

Ao longo deste trimestre levamos a cabo a lectura do libro de Arenas movedizas de Nella Larsen. Un libro sobre a diversidade racial que abriu un debate, entre distintas dinámicas e xogos, moi interesante, tanto para a conmemoración do 8M como para o desenvolvemento do noso Proxecto Anual de Centro sobre a diversidade cultural.

1 de mar. de 2024

Afondamos no dano cerebral adquirido con ADACECO

Dentro do noso Proxecto Anual de Centro, recibimos na BiblioGalán a visita de ADECECO para coñecer como é o día a día das persoas con dano cerebral adquirido a través dunha serie de obradoiros sensoriais e unha historia moi ilustrativa por parte dos Bolechas.