23 de abr. de 2026

Mochilas temáticas

Se queredes levar algunha destas bolsas para casa, só tedes que enviar un correo electrónico á biblioteca, indicando:

  • Nome do alumnado
  • Curso
  • Título da mochila que solicitades.

biblioteca.ceip.galan@edu.xunta.gal 

As bolsas entregaranse por orde de solicitude.

Estas son as nosas  mochilas temáticas para préstamo ás familias.


MOCHILA 1


Título da mochila:

UN MÁIS NA CASA!

Descrición:

Unha selección de libros para familias onde pronto vai haber un novo membro ou nas que naceu un bebé recentemente. 

Contido: 

  • ¡Ya llego!, de Aurore Petit. 
  • Vou ter un irmán!, de María Solar.
  • Todo lo que pasó antes de que llegaras, de Yael Frankel.
  • Irmáns!, de Rocío Bonilla.
  • O irmán maior máis mellor do mundo, de Ben Mantle. 
  • Nino y las aguas, de Pauline Delabroy-Allard.
  • Caderno da bolsa.