O club de lectura de profesorado do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro xa está en marcha. Nesta ocasión, preto de vinte participantes entre os tres centros adscritos, levaremos a cabo tres lecturas de literatura comprometida con temas sociais, políticos ou ambientais.
Para este primeiro trimestre, a lectura seleccionada é Formas de estar lejos de Edurne Portela. Unha obra de narrativa ambientada en América e cunha trama principal marcada polos distintos tipos de violencia que se pode exercer cara a muller.
O 27 de novembro, levaremos a cabo a sesión do club onde por medio de dinámicas, conversas ou xogos, trataremos os temas máis relevantese da lectura.