Desde hoxe e ata o próximo 30 de setembro quedan abertas as inscricións para participar no Club de lectura para profesorado. Igual que o curso anterior, este ano estará formado por profesorado do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro xunto coa colaboración da biblioteca municipal de Arteixo.
Levaremos acabo a lectura de tres libros (un por trimestre) cunha reunión final no mediodía dos luns. Este curso, ademais das lecturas de interese social, apostaremos pola nosa literatura e a nosa lingua e entraremos de cheo na lectura de libros de poesía ou teatro, lecturas que estamos seguras e seguros permitirán ter unha boa e agradable conversa.
Se eres mestra ou mestre dun destes centros, esperámosvos!