27 de nov. de 2025

Primeiras xuntazas dos clubs de lectura de alumnado

 


Xa tivemos as primeiras xuntazas dos nosos clubs de lectura de alumos e alumnas. Decidiron chamarse "Os caracoliños" e "Os marciáns lectores".

Os nosos rapaces e rapazas de 5º estiveron lendo a obra de teatro Wombo Combo, de Paula Carballeira e pronto compartiremos con vós unha tarefa colaborativa que estamos a facer inspirados pola obra.

Pola súa banda, o club de 6º leu e desfrutou do cómic Snapdragon, de Kat Leyh que nos proporcionou unha oportunidade perfecta para falar de familias, de diversidade, de relacións... e tamén de maxia.