O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha xornada dedicada a lembrar e poñer en valor a figura máis importante das nosas letras.
Nesta ocasión levamos a cabo, por unha banda unha lectura dos seus poemas na radio escolar que podedes escoitar premendo aquí. Por outra banda, o alumnado que asistiu á biblioteca durante os recreos participou na elaboración de diferentes manualidades relacionadas coa autora.