O club de lectura de 6º de Educación Primaria volveu a reunirse para compartir unha nova experiencia arredor da lectura.
Nesta ocasión, comentamos dous exemplares de banda deseñada: Ula e Vinca e O grande aviario. Estas dúas obras deron pé a conversas moi interesantes e a intercambiar impresións sobre as historias.
Aproveitando o bo tempo, a sesión desenvolveuse ó aire libre, creando un ambiente distendido e agradable que invitaba a participar. Ademais, non faltou un pequeno petisco para acompañar.