20 de maio de 2026

Bookflix: recomendacións literarias


Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria convertéronse en prescriptores literarios a través da actividade Bookflix.

Inspirándose nas plataformas de contidos audiovisuais, o alumnado elaborou as súas propias recomendacións de libros, presentándoas deste xeito tan chulo. A través desta actividade, traballaron a expresión escrita, a capacidade de síntese, o espírito crítico e a creatividade.

O resultado foi unha selección de suxestións moi variadas que espertan a curiosidade e as ganas de ler!