20 de maio de 2026

O club de profesorado comenta El Cordero Carnívoro.


O club de lectura de profesorado do CEIP de Galán, a EEI de Barrionovo, a EEI de Vilarrodís-Oseiro e o IES Pastoriza reuniuse a semana pasada para compartir unha nova experiencia lectora, nesta ocasión arredor da obra El Cordero Carnívoro, de Agustín Gómez Arcos

Durante o encontro puidemos intercambiar impresións e interpretacións sobre unha lectura intensa que non deixou a ningúen indiferente. A través de diferentes dinámicas que levamos a cabo, afondamos en aspectos da obra como a Guerra Civil e os seus damnificados, a familia ou a morte. 

O club consolídase como un espazo de aprendizaxe compartida no que a lectura é un punto de encontro para o pensamento crítico, o debate e tamén o desfrute literario.