17 de set. de 2026

Club de lectura de profesorado

 


Comeza o curso e comezan... os clubs de lectura! 

Temos abertas as inscricións para participar no Club de Lectura para profesorado. Como vimos facendo nos últimos anos, este estará formado por profesores e profesoras do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo, EEI de Vilarrodís-Oseiro e o IES Pastoriza, contando coa colaboración da biblioteca municipal de Arteixo.

Cada trimestre leremos un libro, cunha xuntanza final no mediodía dun luns. Faremos lecturas de temática variada, apostando por temas sociais e pola nosa lingua que nos darán pé a unha conversa profunda e agradable. 

Se formas parte do profesorado destes centros e queres formar parte, cubre o formulario premendo AQUÍ