23 de feb. de 2021

DÍA DE ROSALÍA



Hoxe día 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía. Nesta data conmemoramos o nacemento, hai 184 anos, de Rosalía de Castro, unha das máis importantes escritoras galegas.

Podedes clicar no enlace da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para ver algunhas das actividades programadas nesta data: Aelg.gal

                                           

Desde o Equipo de Biblioteca deixámosvos uns recursos que vos poden resultar interesantes para celebrar este día.




Desde o ano 2019, Rosalía ten tamén unha estrela co seu nome. 
Se queres saber máis sobre ela, e te atreves a atopala, podes investigar no seguinte enlace da agrupación ÍO