Hoxe, 8 de marzo, conmemórase no mundo o DÍA DA MULLER. Este día foi institucionalizado pola ONU en 1975, e ten como obxectivo a búsqueda da igualdade e a non discriminación da muller.
Na biblioteca preparamos unha selección de libros sobre mulleres fascinantes, que podedes levar ás aulas estes días. Temos biografías de científicas, artistas, exploradoras, activistas de todos os paises, unhas vidas moi interesantes dignas de ser recordadas.
Ademáis no hall do cole temos un abecedario cos nomes de un montón de mulleres importantes de Galicia.
Tamén vos deixamos uns vídeos sobre a orixe desta conmemoración, e algúns dos contos cos que a escritora Adela Turin nos fai reflexionar.
Rosa caramelo de Adela Turin
Una feliz catástrofe, de Adela Turin
A historia dos bonobos con lentes, de Adela Turin