17 de out. de 2022

Abertas as inscricións do Club de Lectura para profesorado 22-23

Co novo curso, dende o Equipo de Biblioteca de #BiblioGalán, en colaboración ca Biblioteca Municipal de Arteixo, presentamos a nova edición deste proxecto de fomento e animación á lectura entre os membros do claustro da escola.

Nesta ocasión, levaremos a cabo a celebración de tres clubes, un por trimestre, nos que, como novidade, os libros serán seleccionados polas e polos participantes do club entre estas cinco propostas:

- Canciones de amor a quemarropa de Nickolas Butler

- Fun home, una familia tragicómica de Alison Bechdel

- Hamnet de Maggie O'Farrell

- Nada se opone a la noche de Delphine de Vigan

- Rewind de Juan Tallón


Inscrición en rede:

👉 Preme aquí para inscribirte ao Club de Lectura #BiblioGalán para profesorado 2022 - 23