8 de nov. de 2022

A novela gráfica "Fun Home" protagonista do Club de Lectura de profesorado















O Club de Lectura para profesorado de BiblioGalán xa ten os títulos das lecturas para este curso 2022 - 2023. Tras unha votación en rede, os títulos elexidos son Fun Home. Una familia tragicómica de Alison Bechdel, Hamnet de Maggie O'Farrell e Nada se opone a la noche de Delphine de Vigan.

Para esta primera avaliación, as e os catorce mestras e mestres participantes levarán a cabo a lectura de Fun Home. Una familia tragicómica da estadounidense Alison Bechdel, unha novela gráfica tráxica e cómica a un tempo que, en formato de memorias dunha familia americana, coñeceremos ao pai de Alison (autora e protagonista do libro) O seu pai é profesor de inglés e ten como hobby coleccionar antigüedades e a restauración, polo que dedica moito tempo en restaurar a súa casa victoria, a cal é á vez unha funeraria. É un pai distante, que nunca fixo pública a súa inclinaciín sexual, claramente homosexual.

A través desta lectura cómica e triste, todas as e todos os participantes do Club de Lectura esperamos aproximarnos aos complexos de Alison, que loitan en soidade por atopar o seu lugar. E ademais, seguiremos apostando por lecturas de compromiso social como neste caso, a diversidade afectivo - sexual.