Comezamos as lecturas dos nosos Clubs de Lectura de alumnado. Nesta primeira avaliación, as nenas e nenos do Magic Club e O fantasy club introduciránse de cheo nas aventuras dos libros de Plan de rescate de Antía Yañez e O rapaz do vestido de David Walliams. Dúas historias nas que a diversidade, o misterio, as emocións toman o control e que estamos seguras e seguros que nos farán vivir unha experiencia do máis enriquecedora.
En canto ao Club de Lectura de profesorado, seguimos avanzando na historia de Alison e o seu pai e no mes de decembro, faremos a sesión final con todas as dinámicas e reflexións sobre a mesma.
Ata a próxima sesión!