18 de nov. de 2022

Martiño, Testa e BiblioGalán premiados no VIII Concurso de Traballos por Proxectos

 
O CEIP de Galan de Arteixo ven de ganar o VIII Concurso de Traballos por Proxectos por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, na modalidade de proxectos de investigación intercentros

Martiño e Testa, unha viaxe espæcial, é un proxecto gamificado resultado dunha colaboración entre o CRA de Culleredo (Culleredo) e unha aula do CEIP de Galán (Arteixo) co apoio e no marco das súas Bibliotecas Escolares de Galicia.

Como obxecto principal, o alumnado puido desenvolver actitudes e valores relacionados co desenvolvemento sostible, (Axenda 2030) así como outros elementos transversais, por exemplo, a comprensión lectora, expresión oral e escrita, tecnoloxías da información e da comunicación, a comunicación audiovisual, o emprendemento, e a educación cívica e constitucional.

Tódalas investigacións propostas no proxecto centráronse neste ámbito próximo á realidade do alumnado, potenciando así a aprendizaxe significativa, ademais de desenvolver a Alfabetización Mediatica e Informacional (ALFIN/AMI). E outras metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, pensamento computacional, aprendizaxe cooperativa e por suposto, o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA).

Podes consultar o proxecto completo premendo aquí

Podes consultas o anexo fotográfico premendo aquí