20 de xan. de 2023

Novas lecturas no Club de Lectura de profesorado


Comezamos unha nova avaliación e con ela, unha nova lectura no Club de Lectura de profesorado da BiblioGalán. Nesta ocasión, o libro seleccionado é Nada se opone a la noche da autora francesa Delphine De Vigan. Editado no 2012, esta historia narrativa céntrase nunha importante investigación policial e un amor de nai e filla que desenvolverase ao longo de toda a lectura.

A gozar da lectura e vémonos no Club!