1 de feb. de 2023

Fun Home. Unha sesión do Club de Lectura ben tragicómica


No mes de xaneiro celebramos a sesión do Club de Lectura para profesorado do libro Fun Home. Una familia tragicómica de Alison Bechdel. Este libro, de banda deseñada, aborda temáticas tan importantes e de actualidade como a saúde mental ou a diversidade afectivo - sexual. Este último enfoque foi o eixe que vertebrou esta sesión, na que, enmarcada dentro do Proxecto Anual de Centro, levamos a cabo distintas dinámicas e xogos relacionados con mundo LGTBIQ+

Unha sesión moi divertida e sobre todo, moi enriquecedora en canto a sensibilización para todas as e todos os participantes.

Vémonos en marzo, na seguinte sesión!