Os nosos Clubs de Lectura para alumnado acaban de rematar a lectura dos libros O rapaz do vestido de David Walliams e Plan de Rescate de Antía Yañez. Unha das actividades finais, foi elaborar a cabo unha serie de recensións coas súas opinións finais sobre a lectura para poder compartilas co resto da nosa comunidade educativa. Algunhas delas son:
Plan de rescate está moi ben para aprender a non excluír a ninguén. Ademais o libro é moi entretido. Yashira de 6ºA
O que máis me gustou de O rapaz do vestido foi cando o pai e o irmán de Denis comezaron a poñerse na súa pel así como cando as súas e os seus compañeiros fan algo por el cara o final do libro (...) Andrew de 6ºB
Plan de rescate é un libro moi entretido. Remateino en dous ou tres días. É o meu libro ideal porque é de misterio e aventuras (...) Se houbese unha terceira parte temén a lería (...) Rebeca de 6ºA
O rapaz do vestido pareceunos moi divertido e interesante. As personaxes son moi especiais e distintas. (...) Moi recomendable! Paula, Nerea e Rediet de 6ºB
O que máis gustounos do libro O rapaz do vestido foi cando as súas e os seus compañeiros fan algo que vos sorprenderá moito. Gustounos moito! Andrea e Alba de 6ºC
Gustounos moito O rapaz do vestido. A parte máis divertida é sobre o director. O que fixeron os seus amigos pareceunos xenial. Carla, Andrea e Aitor de 6ºB
Plan de rescate gustoume moito. É un libro entretido, con boa trama. Non me esperaba ese final. Recoméndoo ao cen por cen. Ainoha de 6ºA
O rapaz do vestido é moi divertido e entretido. As personaxes son boas e o que fan polo personaxe principal é impresionante. Recoméndoo moitísimo! Alba de 6ºB
Ata as seguintes sesións e lecturas!