20 de out. de 2023

Benvidas e benvidos, equipo de voluntariado da BIBLIOGALÁN

No día de hoxe formamos o noso novo equipo de voluntariado da BIBLIOGALÁN. Entre preto das cincuenta solicitudes rexistradas no blog, levamos a cabo unha selección de quince rapazas e rapaces que en grupos de tres, farán unha labor esencial para o noso equipo de biblioteca. 

Moitas grazas a todas e todos as e os que vos interesachedes por esta convocatoria e por poñer tanta emoción e paixón a esta aventura. Estamos seguras e seguros que faremos un gran equipo.

Coa selección do equipo de voluntariado tamén levamos a cabo a súa  formación de usuarias e usuarios para coñecer de primeira man o funcionamento e organización da nosa BIBLIOGALÁN. Esta mesma formación a tivo o noso equipo de mestras e mestres o luns 16 de outubro e a esperas de fixar a data para as familias.