O vindeiro día 30 de outubro levaremos a cabo unha xornada de medo na BIBLIOGALÁN, na cal, o alumnado de Educación Infantil dos nosos centros adscritos (EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodis-Oseiro) así como o alumnado de Educación Infantil do noso centro, fará unha visita a exposición de cabazas, asistirá a un contacontos moi especial dramatizado polo noso alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria e uns obradoiros espeluznantes.
Vémonos o día 30!