26 de xan. de 2024

"o que sei do silencio" e "o rapaz do vestido" as últimas sesións dos clubs de lectura para alumnado

Nunha nova sesión do club de lectura para alumnado, celebramos a última sesión dedicada ao libro de O que sei do silencio de Andrea Maceiras. Nela, comentamos aspectos relevantes sobre o libro e tamén afondamos sobre os distintos tipos de violencias en forma de abuso que atopamos no contexto escolar. Ademais, levamos a cabo unha dinámica de representación e identificación destes abusos, as relacionamos coa lectura e debatimos sobre a presenza destas. 

Tamén levamos a cabo unha sesión para o club de lectura para alumnado do libro do rapaz do vestido, de David Walliams e para o que dedicamos unha sesión de faladoiro e xogos con dados para contar historias sobre as divertidas tramas presentes na lectura.