11 de xan. de 2024

Arenas movedizas de Nella Larsen, nova lectura para o club de profesorado

Comezamos o ano cunha nova lectura para o noso club de profesorado xunto coas nosas amigas da EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro. Arenas movedizas de Nella Larsen é unha historia que sen dúbida abrirá un importante debate sobre a discriminación racial, o papel da educación, etc. tan importante nos momentos que estamos a vivir e directamente vinculado ao noso Proxecto Anual de Centro.

A sesión do club será o próximo luns 4 de marzo cunha comida e posterior faladoiro na bibliogalán.