19 de nov. de 2024

Encontrámonos con Alba Cid no club de lectura


Alba Cid, premio nacional de poesía xoven, visitou o noso club de lectura para profesorado da bibliogalán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís - Oseiro para compartir con todas nós o proceso de creación do seu libro Atlas, a nosa lectura para este trimestre. Con ela, inauguramos os encontros con autoras e autores no club de lectura, unha experiencia que sen dúbida, resultou marabillosa.