Pasou novembro pola bibliogalán e con él, a celebración do mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Este trimestre, que a nosa bibliogalán atópase nun momento de transición por reformas, migración á nova xestión de catálogo, etc. A celebración foi coa visita de diferentes persoas relacionadas con mundo da ciencia que viñeron ata o noso espazo a falarnos sobre aspectos relevantes, interesantes e curiosos sobre o seu traballo. Así foi o caso dunha astróloga directamente desde o planetario da Casa das Ciencias da Coruña, un faladoiro moi interesante por parte dunha biotecnóloga sobre o pan galego e a visita dunha nai da nosa comunidade educativa pertencente ao mundo das enerxías renovables. Moitas grazas a todas pola vosa visita!