Estas semanas na bibliogalán tivemos unha sesión moi especial do noso Club de Lectura de alumnado, onde nos mergullamos nas páxinas de Ula e Vinca de María Brenn e o Grande Aviario de Eli García.
Estas historias cautivaron ás nosas lectoras e aos nosos lectores, que gozaron dunhas aventuras cheas de imaxinación, creatividade e conexión coa natureza.
Durante o encontro, compartimos impresións sobre a obra, falamos da importancia de apoiar e difundir o talento de autoras galegas e reflexionamos sobre o papel da banda deseñada como ferramenta de expresión artística e literaria entre outras conversas e dinámicas grupais.