Nos recreos da bibliogalán, o alumnado voluntario participou nun obradoiro moi especial para o resto de alumnado da escola, onde aprenderon a xogar e crear os seus propios ddakjis, un xogo tradicional coreano que combina habilidade e estratexia.
As nenas e nenos elaboraron as súas pezas dobrando follas de papel, seguindo o método orixinal do xogo, descubrindo como este xogo popular de Corea pode converterse nunha actividade divertida e colaborativa.
Ademais de aprender a xogar, cada unha delas e cada un puido levar os seus ddakjis para compartir coas compañeiras e compañeiros, difundindo o espírito deste entretemento cultural. Foi unha experiencia enriquecedora que mesturou creatividade, xogo e aprendizaxe nun só espazo.