10 de mar. de 2025

Perdidos en el paraíso, nova lectura do club de profesorado


O Club de Lectura do Profesorado da bibliogalán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís - Oseiro chega á súa última lectura deste curso cunha proposta que non deixará indiferente: Perdidos en el paraíso, do escritor e xornalista Arto Paasilinna.

Paasilinna, unha das voces máis destacadas da literatura finlandesa contemporánea, é coñecido polo seu humor ácido e a súa capacidade para cuestionar a sociedade a través de relatos tan irónicos como reveladores. Perdidos en el paraíso preséntanos un grupo de persoas que buscan crear unha sociedade perfecta nunha illa remota, pero pronto descobren que os ideais e a realidade non sempre encaixan.

A sesión será o 28 de abril na biblioteca do CEIP de Galán, cun xantar e un faladoiro de sobremesa. Será unha gran ocasión para compartir reflexións, debatir sobre os temas que propón a novela e pechar este ano de lecturas en boa compañía. Vémonos na biblioteca!