Esta semana a bibliogalán encheuse de historias e reflexións coas primeiras sesións sobre os libros Wombo Combo de Paula Carballeira e Heartstopper en galego nos clubs de lectura de alumnado.
Durante as sesións, realizamos diversas dinámicas para achegarnos mellor ás historias. Entre elas, xogamos a adiviñar os personaxes a partir de pequenas pistas, reflexionamos sobre situacións clave das lecturas e como se relacionan co noso día a día, e compartimos as primeiras impresións sobre os libros.
Foi un primeiro achegamento moi enriquecedor, onde cada persoa participante puido achegar a súa visión e escoitar as dos demais. Continuaremos descubrindo estas lecturas nas vindeiras sesións e seguro que nos depararán moitas conversas interesantes!