7 de abr. de 2025

Un paseo lector polas bibliotecas municipais

Este trimestre, o alumnado do noso centro está a visitar as bibliotecas municipais de Arteixo. Trátase dunha actividade moi especial coa que buscamos achegar ao noso alumnado a estes espazos cheos de historias, coñecemento e oportunidades para seguir medrando como lectoras e lectores.

Nas visitas, as nenas e nenos participan en dinámicas de animación á lectura e reciben formación como usuarias e usuarios das bibliotecas: como se organiza o fondo, como atopar libros... e moito máis! Todo dun xeito práctico, ameno e adaptado a cada idade.

Coñecer e usar as bibliotecas públicas municipais é un paso máis para formar lectoras e lectores autónomos, críticos e con ganas de seguir descubrindo o mundo a través dos libros. Grazas ás bibliotecas de Arteixo por abrirlle as portas ao noso alumnado.