Estamos a piques de pechar o curso, e é o momento perfecto para que o alumnado e as familias revisedes se aínda tedes algún libro da biblioteca na casa. Todos eses exemplares que vos fixeron soñar, aprender ou rir necesitan volver ás estanterías da Bibliogalán para que outras lectoras e lectores poidan gozalos.
Podedes entregalos no punto de devolución da biblioteca durante os recreos ou nas horas asignadas para cada grupo.
A vosa colaboración é fundamental para que a nosa biblioteca siga funcionando con éxito. Grazas por coidar os libros e facer que sigan vivos moito tempo máis!