
13 de maio de 2026
Mochila temática para familias cun bebé na casa

23 de abr. de 2026
Mochilas temáticas
Se queredes levar algunha destas bolsas para casa, só tedes que enviar un correo electrónico á biblioteca, indicando:
- Nome do alumnado
- Curso
- Título da mochila que solicitades.
biblioteca.ceip.galan@edu.xunta.gal
As bolsas entregaranse por orde de solicitude.
Estas son as nosas mochilas temáticas para préstamo ás familias.
Título da mochila:
UN MÁIS NA CASA!
Descrición:
Unha selección de libros para familias onde pronto vai haber un novo membro ou nas que naceu un bebé recentemente.
Contido:
- ¡Ya llego!, de Aurore Petit.
- Vou ter un irmán!, de María Solar.
- Todo lo que pasó antes de que llegaras, de Yael Frankel.
- Irmáns!, de Rocío Bonilla.
- O irmán maior máis mellor do mundo, de Ben Mantle.
- Nino y las aguas, de Pauline Delabroy-Allard.
- Caderno da bolsa.
12 de xuño de 2025
Remata o curso… e toca devolver os libros!
Estamos a piques de pechar o curso, e é o momento perfecto para que o alumnado e as familias revisedes se aínda tedes algún libro da biblioteca na casa. Todos eses exemplares que vos fixeron soñar, aprender ou rir necesitan volver ás estanterías da Bibliogalán para que outras lectoras e lectores poidan gozalos.
Podedes entregalos no punto de devolución da biblioteca durante os recreos ou nas horas asignadas para cada grupo.
A vosa colaboración é fundamental para que a nosa biblioteca siga funcionando con éxito. Grazas por coidar os libros e facer que sigan vivos moito tempo máis!
1 de mar. de 2024
Afondamos no dano cerebral adquirido con ADACECO
Dentro do noso Proxecto Anual de Centro, recibimos na BiblioGalán a visita de ADECECO para coñecer como é o día a día das persoas con dano cerebral adquirido a través dunha serie de obradoiros sensoriais e unha historia moi ilustrativa por parte dos Bolechas.
27 de out. de 2022
BiblioGalán abre as súas portas no Día das Bibliotecas
Así que, este 24 de outubro todas as nenas e nenos da escola tiveron ocasión de visitar o noso espazo posto que como principal novidade, este curso recuperamos os recreos na biblio, un proxecto que ten como obxectivo, proporcionar espazos activos de lectura e de recursos de creación de contido, especialmente co ollo posto nas competencias STEAM. Para iso, cada día, en cada recreo, contaremos con distintos recantos e obradoiros temáticos que estamos seguras e seguros, farán gozar a todas e todos nós. Esta semana, o centro de actividade proposto foron distintas tarefas relacionadas co mundo de Samaín.
Para o bo desenvolvemento e funcionamento deste proxecto, contamos ca figura do alumnado voluntario, nenas e nenos de quinto e sexto de Educación Primaria que levan a cabo tarefas de control, dinamización, orde, etc. da nosa biblioteca. Unha axuda extraordinaria.
Pero a biblioteca non só está aberta durante os recreos, tamén recuperamos a súa actividade de tarde que próximamente virá acompañada dun novo proxecto para a nosa escola como é o préstamo en familia.
Durante a xornada lectiva, todas as titorías teñen un horario reservado para poder asistir e desenvolver na biblioteca todas as actividades que se propoñan ademáis, de levar a cabo o préstamo de fondos do noso catalogo.
E falando de préstamos, as Mochilas Viaxeiras comezan a viaxar esta semana a todas as casas das nenas e dos nenos de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. Esperamos que gocedes moito delas en familia.
BiblioGalán tamén está aberta para toda a nosa comunidade educativa, polo que, dentro do proxecto de Contos na lareira, todas as familias, etc. poderedes vir a contarnos as historias que desexedes. Estamos desexando escoitarvos.
E para rematar, este ano estreamos os Clubes de lectura para alumnado. Nesta ocasión, nenas e nenos de sexto de Educación Primaria conforman dous clubes nos que compartiran as súas vivencias durante a lectura de ditos libros. Seguiremos todas as súas actividades neste blog. Pero non só as rapazas e rapaces de sexto teñen clubes de lectura, as mestras e mestres tamén continuamos co noso propio club, que xa está en marcha e do que tamén, moi pronto contaremos cousiñas.
4 de mar. de 2022
A Maleta Viaxeira visita #Bibliogalán durante todo o mes de marzo
Neste mes de marzo, temos na nosa #Bibliogalán unha destas maletas, cargada de libros relacionados co mundo da información e os cales poderemos consultar e disfrutar deles durante todo este tempo.
A maleta conta cerca de 40 títulos para as dúas etapas educativas que, dende o Equipo da Biblioteca, estamos seguras e seguros que vanvos encantar!
17 de feb. de 2022
#BiblioGalán busca axuda!
Este curso, todas as mestras e todos os mestres estamos moi contentas e moi contentos por todas as visitas que ten a nosa #BiblioGalán, máis temos algún problema que estamos seguras e seguros que ca axuda do alumnado de sexto e quinto de Educación Primaria poderemos solucionar.
Precisamos manter a nosa biblioteca ordenada, cos libros e os materiais ben colocados nos seus estantes e ter axuda nas actividades que estamos a preparar.
Queres formar parte do noso equipo de biblioteca? Cubre o seguinte formulario e entre todas as propostas que teñamos, faremos un pequeno sorteo para escoller rapazas e rapaces de sexto e de quinto de Educación Primaria que, nas horas de ler, estarán na biblioteca colaborarando con nós. Esperámosvos!
Ligazóns de interese:
14 de out. de 2021
#BiblioGalán pon en marcha as Mochilas viaxeiras
Tal e como comentábamos na publicación anterior, este curso a nosa BE estará viva e dinámica, ofrecendo a todas as nosas nenas e a todos os nosos nenos, proxectos e actividades que promovan a lectura e poñan en práctica o desenvolvemento de actitudes e competencias de diversa índole.
Para isto, todo o equipo fixemos moito esforzo para poñer en marcha este proxecto que estamos seguras e seguros que vaivos encantar: #BiblioGalán estrea as súas Mochilas viaxeiras.
O proxecto de Libros que van e veñen: Mochilas viaxeiras é unha proposta para fomentar a lectura que consiste en levar unha semana á casa un pedaciño da nosa BE. Unha mochila chea de aventuras, emocións, música, palabras, poesía e investigación e que é ideal para gozar en familia. O proxecto irá introducíndose na escola de xeito progresivo, este curso comezando pola etapa completa de Educación Infantil e o primeiro nivel de Educación Primaria.
A selección de fondos para cada mochila está adaptada as características, preferencias, ritmos e estilos de aprendizaxe do alumnado partindo dun eixe común: libros para gozar en familia como son experimentos, cociña, etc. Libros para desenvolver no alumnado unha boa conciencia social, sen perder a ollada aos obxectivos marcados pola Axenda 2030 e como non, unha importante selección de libros en lingua galega para poesía, investigación ou música. Ademais, quixemos incluir libros que, seguindo o tema central das Bescolaresgal para este curso, dean voz as palabras das nosas BE.
- Consulta os fondos das Mochilas viaxeiras premendo aquí.
Cada mochila leva un Caderno viaxeiro, ca finalidade de facer algún debuxo sobre os libros, compartir algunha fotografía gozando da mochila, escribir as vosas opinións, etc. Un caderno en branco onde queremos que deixedes voar a vosa imaxinación e entre todas e entre todos, facer un recordo que formará parte da nosa BE.
Recordade, e estamos seguras e seguros que así será, de ser moi responsables con todos os fondos das mochilas, xa que son un tesouro que entre todas e todos temos tratar con moito coidado e agarimo.
Esperamos que gocedes moito delas,
O equipo da BE do CEIP de Galán.



















