Temos abertas as inscricións para participar no Club de Lectura para profesorado. Como vimos facendo nos últimos anos, este estará formado por mestres e mestras do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro xunto coa colaboración da biblioteca municipal de Arteixo.
Cada trimestre leremos un libro, cunha xuntanza final no mediodía dun luns. Faremos lecturas de temática variada, apostando por temas sociais e pola nosa lingua que nos darán pé a unha conversa profunda e agradable.
Se formas parte do profesorado destes centros e queres formar parte, cubre o formulario premendo AQUÍ.