23 de xuño de 2025

As telleiras chegan á nosa biblioteca

Acabamos de recibir con moita ilusión un agasallo moi especial: Xabier Maceiras, colaborador habitual nas saídas culturais pola contorna do noso centro, fíxonos entrega do seu novo libro: As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño. Unha obra que pasa a formar parte do fondo documental da nosa biblioteca.

Este libro recolle cunha mirada rigorosa e chea de respecto a memoria do traballo tradicional das telleiras, tan presente no noso territorio e tan descoñecido para as novas xeracións. Grazas a Xabier por dedicarnos o exemplar con tanto agarimo e por continuar enriquecendo o noso coñecemento da contorna.

Agardamos poder vernos en setembro cunha presentación oficial na biblioteca, para o noso alumnado!