Hoxe na bibiogalán tivo lugar unha charla sobre fútbol feminino que organizou a ANPA. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de, por unha banda, ver un pequeno repaso da historia do fútbol feminino en Galicia e Arteixo e concretamente, no club de Pastoriza. Por outra banda, Uxía Varela, unha ex-alumna do centro contoulles como é a vida de xogadora de fútbol nunha universidade estadounidense. Ela e unha compañeira estadounidense xogadora de baloncesto, resolveron todas as dúbidas que xurdiron entre a nosa rapazada.
Moitas grazas pola visita.