Un curso máis, o noso alumnado tivo a oportunidade de achegarse á historia e aos recunchos máis singulares de Arteixo da man do escritor e investigador Xabier Maceiras.
Os nenos e nenas puideron descubrir diferentes lugares do concello e coñecer a súa historia. Estas saídas supoñen unha aprendizaxe moi significativa, conectando os contidos da aula coa realidade máis próxima e esperando o interese polo noso patrimonio.
Entre as visitas destacamos roteiros como o que fixeron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria sobre Manuel Murguía, os de 6º de Educación Infantil visitando petroglifos ou o roteiro de lendas, coa rapazada de 4º de Educación Primaria.