15 de xuño de 2026

Un doce final para o club de lectura de alumnado



 

Como cada fin de curso, os clubs de lectura de alumnado celebraron unha xuntanza moi especial na que compartimos unha merenda mentres lembrábamos as lecturas que nos acompañaron ao longo do ano. Puxemos a proba os nosos recordos cun cuestionario sobre as lecturas deste curso, no que houbo un pequeno premio para a persoa gañadora. 

Unha forma perfecta de despedir o curso.