28 de maio de 2026

Unha benvida ao noso futuro alumnado.

 


Hoxe vivimos unha xornada moi especial coa acollida dos nenos e nenas da EEI de Barrionovo e a EEI de Vilarrodís-Oseiro que o vindeiro curso estudarán 1º de Educación Primaria no CEIP de Galán. 


Ao longo da mañá, o alumnado e as súas familias tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións da escola da que pronto formarán parte. Ademais, tivo lugar un apadriñamento lector entre o alumnado das escolas e aquel que estuda agora en 1º de Educación Primaria. Había moitas caras coñecidas!

A xornada continuou cunha actividade creativa, na que elaboraron unha chapa como recordo do día. Pero ese non foi o único agasallo que levaron.  A visita rematou cunha merendola compartida. 

Un día cheo de nervios e ilusión polos novos comezos.