Xa temos libros para o primeiro club de lectura para o profesorado de #bibliogalán. Claus y Lucas, unha obra da escritora húngara Agota Kristof que retrata os horrores da guerra e que permitirá unha profunda reflexión sobre o momento político e social que actualmente estamos a vivir.
Editado por Libros del Asteroide, Claus y Lucas está enmarcado nun país en guerra ocupado por un exército extranxeito. Nel, dous irmáns, Claus y Lucas, foron abandonados pola súa familia e postos ao coidado da sua avóa, á cal, os seus veciños chaman a Bruxa. A barbarie do convulso mundo no que viven, lévalles a imitar a crueldade que ven nel. Dunha intelixencia superior, van ser capaces de empregar calqueira recurso para sobrevivir, máis unha ver asegurada a supervivencia, intentarán poñer remedio a moitas das dramáticas situacións que os rodean. Os diferentes caminños que rematan elixindo ao fin da guerra marcarán as súas vidas para sempre.
Proximamente contaremos cos exemplares para todas e todos os membros do club e comezaremos ca súa lectura e posterior reflexión.