25 de abr. de 2022

Coñecémonos mellor no Día do Libro 2022


O día 23 de abril celebramos na nosa escola o Día do Libro. Durante toda a semana, as nenas e nenos do centro, elaboraron uns xogos de papel para relacionar a lectura e os libros cas súas emocións fomentando a relación interpersoal e o desenvolvemento emocional, ademais de abordar os obxectivos 3, 4 e 5 para un desenvolvemento sostible, enmarcados na Axenda 2030.

Durante toda a semana, nas aulas, patios, comedor, etc. todo o alumnado xogou a estes xogos de papel, mantendo unha conversa activa sobre o mundo da lectura.