Este luns, 23 de maio, celebramos o noso primeiro Club de lectura na #BiblioGalán para profesorado. Unha sesión que estivo dedicada ao libro Claus y Lucas, da autora Agota Kristoff, que non deixo indiferente a ningúen.
A sesión, realizada na biblioteca do centro, estivo centrada na mentira, no trato dos adultos á infancia e a repercusión que estes actos teñen no futuro. Para iso, levamos a cabo distintas dinámicas grupais que invitaban a un debate máis profundo e a un análise dos aspectos máis relevantes, comprometidos e polémicos da lectura.
As valoracións desta primeira experiencia lectora foi moi positiva, e despois de ter en conta todas as propostas de mellora, decidimos continuar con esta aventura que tan enriquecedora resultou para todas e todos os participantes. Ademais de, invitar para o próximo curso, a celebración do profesorado, neste caso, o alumnado e as familias.
Ata o ano que ven!