Jose é un mestre do CEIP Plurilingüe O Mosteirón que ten unha característica moi especial, é implantado coclear. Hoxe visitounos na nosa BiblioGalán, dentro do noso Proxecto Anual de Centro e contounos como é o seu día a día tendo discapacidade auditiva e co implante coclear, como foi a súa aprendizaxe, as súas dificultades e sobre todo, as súas posibilidades e oportunidades.
Moitas grazas por unha xornada chea de aprendizaxe e de emocións!