17 de maio de 2023

Gana unha ilustración orixinal de Heartstopper no noso concurso de ilustración!


Se hai un libro con éxito entre as rapazas e os rapaces da nosa #BiblioGalán, ese é Heartstopper. A banda deseñada creada por Alice Osseman que conta as aventuras sentimentais entre Charlie e Nick estase a seguir con moita atención e popularidade polo que dende a #BibliGalán organizamos un concurso de ilustración para que o alumnado faga unha adaptación en debuxo das súas escenas favoritas da saga. As que máis nos gusten levarán un cadro cunha ilustración orixinal da creadora.

O éxito de Heartstopper é unha mostra máis da clara aposta da #BiblioGalán polos fondos documentais e literarios que afondan na diversidades afectivo - sexual e no empoderamento da figura da muller. Facendo do noso espazo, un lugar seguro e libre, sexan cales sexan as súas características, preferencias, gustos e estilos. 

Pronto colgaremos todas as ilustracións participantes e as gañadoras e gañadores do concurso! Moitas grazas pola participación a todas e todos!