7 de nov. de 2023

Así foron as primeiras sesións dos clubs de lectura para alumnado

Vimos de celebrar as primeiras reunións dos clubs de lectura para alumnado da bibliogalán. Nestes primeiros encontros, as rapazas e os rapaces participantes, fixeron a selección dos libros que van ler ao longo deste trimestre por medio dunha votación en rede e a través da dinámica da diana, escollimos os nomes dos dous clubs. 

Nos próximos días comezaremos coas lecturas. Estamos seguras e seguros que nos esperan grandes momentos!