O Samaín pasou pola BIBLIOGALÁN e fixo cunhas invitadas e uns invitados moi especiais, as nosas escolas adscritas e as nenas e nenos de Educación Infantil do noso centro. Logo dunha visita á exposición de cabazas no recibidor da centro, o alumnado de quinto e sexto dramatizaron o conto de Montr3s de Laura Parrula e a ilustración de Óscar Villán e como fin de festa, catro obradoiros nos que coa axuda do noso voluntariado pintamos as caras de todas e todos, fixemos un estudo de fotografía con croma e complementos, roupa, accesorios e libros relacionado co Samaín, un loto sensorial de medo e un obradoiro de marcapáxinas como recordo desta xornada tan especial.
De novo queremos agradecer o esforzo, actitude e traballo de todo o noso equipo de voluntariado. Sen dúbida, un éxito!