Nas primeiras sesións dos clubs de lectura para alumnado da bibliogalán, todas as súas e todos os seus participantes seleccionaron as lecturas correspondentes que xa comezaron a ler desde esta semana. O primeiro club, fará a lectura do libro de Andrea Maceiras, o que sei do silencio, unha historia de acoso que estamos seguras e seguros dará moito que falar. Neste caso, o préstamo vai por parte da biblioteca escolar do CEIP Sofía Casanova de Culleredo, que ofreceu a rede.
O noso segundo club de lectura, levará a cabo a lectura de os bandiden, de Siri Kolu, unha historia de aventuras e de moitas larpeiradas que seguro que fará gozar a todas e todos.