30 de nov. de 2023

Novembro, mes da ciencia en galego na bibliogalán

Pasou novembro e un ano máis, foi un mes cheo de actividade na bibliogalán posto que con él, celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. A ciencia chegou á nosa biblioteca de moitos xeitos, con distintos materiais durante os recreos como realidade aumentada, circuitos eléctricos, tabletas, etc. E tamén, a proxección, cada semana, na grande pantalla, dunha ciéntifica de interese da nosa terra. 

Por outra banda, fixemos unha exposición cunha selección de libros, para que durante todo o mes, todo o centro puidese ler ciencia en galego nas súas clases, nas súas casa e por suposto, como contacontos por parte do alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria para o alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria.

Ademais, todo o mes contamos con faladoiros de persoas ciéntificas da nosa comunidade educativa que viñeron a contar unha morea de curiosidades do seu traballo ao alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria e tamén de Educación Infantil. Este foi o caso de persoal de enfermería, fisioterapeuta, persoal do mundo da informática ou química ambiental. Moitas grazas pola visita!