Unha das bandeiras da bibliogalán é o seu traballo pola promoción, visibilización e o empoderamento da figura da muller. Por iso, cada 25N, lembramos que temos que continuar traballando cara un fin común, a eliminación total da violencia contra a mesma.
Neste marco, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria dramatizou o conto de O libro dos porcos de Anthony Browne para as nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Primaria. Unha lectura perfecta para tomar conciencia dun problema que todas e todos queremos cambiar.
Ademais, durante toda a semana, contamos cun expositor con lecturas recomendadas do eido para o traballo en aula, lectura, etc.
Outro momento importante será a celebración do club de lectura de profesorado no que a sesión estará centrada nas diferentes violencias cara a muller presentes no libro que estamos a ler, Formas de estar lejos de Edurne Portela.