29 de out. de 2024

Pasamos o Samaín coas escolas infantís


E pasou o Samaín pola bibliogalán coa visita das nosas amigas e dos nosos amigos da EEI de Barrionovo e da EEI de Vilarrodís - Oseiro. O alumnado voluntario preparou un paseo moi especial pola nosa exposición de cabazas, uns contacontos de moito medo e uns obradoiros de pulseiras, de pintado de caras, con lotos sensoriais, un espazo para levar a cabo construcións con materiais de outono e como non, preparamos e decoramos as nosas propias cabazas para a exposición da escola.